O FETEGA recibe 141 espectáculos para a súa 32ª edición, un 40% máis cao ano pasado

IES CHAMOSO LAMAS

O FETEGA acaba de facer públicos os resultados convocatoria para participar no 32º Festival do Teatro Galego “Celso Parada”, que se celebrará no Carballiño, Ourense a segunda semana de setembro.

O Festival do Teatro Galego “Celso Parada” do Carballiño recibiu en 2021 un total 141 espectáculos, fronte 104 do ano pasado, o que supón un 40% máis que o edición anterior.Todas as obras presentadas desenvólvense en galego e están producidas en Galicia. Das cales, 16 deles son estreas.En total, foron 51 os espectáculos presentados na categoría de sala para adultos (un 36%), 21 espectáculos de sala para nenos, 23 espectáculos de rúa, 12 de teatro para exterior en anfiteatro, 26 performances e 8 monólogos cómicos. Entre todos eles realizarase a programación definitiva. É a segunda vez que se fai deste xeito, a través de formulario online aproveitando as novas tecnoloxías que permiten recoller unha morea de propostas a través de ferramentas e web.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

PUBLICIDADE