Hoxe publicase no BOP a convocatoria
BOP Premer na Imaxe
Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por Xunta de Goberno Local con data 11/03/2021:
1.- Número e denominación das prazas: dous traballadores para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade (acondicionamento de vías públicas e medioambientais do concello de Cenlle).
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración do contrato: seis meses.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións totais: 1.108,33 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal
PUBLICIDADE