Espazo Común critica que fallan 55 alegacións ás axudas covid sen resolver

Publicidade ASPADISI

A formación de Espazo Común critica que dez meses despois de aprobar en pleno as contías para as axudas, aínda non se rematara a primeira fase. Critican que non é posible entender que, a estas alturas, aínda haxa 55 solicitantes pendentes de que se lles resposte ás alegacións presentadas.

Recordan que se deixou fóra a moitos demandantes das axudas por causas absurdas para ao final ter entregado só 142.000 € dos 360.000 € comprometidos. Recordan tamén as críticas que xa fixeran por que o concello lle pagase 17.400 € a unha empresa de Vigo para que fotocopiara as bases de Tui. Afirman que o goberno aínda non cumpriu o compromiso adquirido en pleno a proposta de Espazo Común de redactar unhas novas bases para a segunda fase.

HIPER MASIDE

PUBLICIDADE