Que medidas entran en vigor esta medianoite nos concellos da contorna?

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo; e polo xerente do Sergas, José Flores Arias, informa, en rolda de prensa dos acordos adoptados na reunión do subcomité clínico.
Publicidade ASPADISI

Trala reunión do comité clínico de onte, os expertos anunciaron a evolución dos concellos esta mañá en rolda de prensa. Beade, o único en nivel máximo, baixa o nivel medio, onde tamén se atopa Cortegada e O Carballiño. Isto supón que a hostalaría pode abrir en interiores cun 30% de aforo e en terraza cun 50% de aforo.

O Irixo mantense no nivel alto a pesar da suba de casos da pasada semana. Isto supón que o interior dos locais hostaleiros non pode dar servizo e as terrazas deben ter un 50% de aforo.

HIPER MASIDE

En todos eles está permitida a mobilidade, o peche da hostalaría ás 21:00 horas e as reunións con ata 4 non conviventes en espazos interiores e ata 6 en exteriores.

Dende o vindeiro día 10 de abril, incrementarase o número de persoas non conviventes que se poden reunir nos domicilios, fixándose un máximo de 4 persoas no interior, e de 6 no exterior.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Estas medidas entrarán en vigor desde ás 00,00 horas desta medianoite.