Dende mañá volven a permitirse as reunións en domicilios de persoas non conviventes en Galicia

En todos os concellos da nosa contorna, ó non estar ningún en nivel máximo de restricións, está permitida a mobilidade, o peche da hostalaría ás 21:00 horas e as reunións con ata 4 non conviventes en interiores e ata 6 en exteriores, e continuaban prohibidas nos domicilios pero só ata este sábado 10 de abril, cando poderemos reunirnos con non conviventes nos domicilios cos mesmo máximos de 4 persoas en interiores e 6 persoas en exterior. 

E relacionado cas medidas de continxencia da pandemia, o presidente galego amosou a súa preocupación polo fin do estado de alarma o día 9 de maio, asegurando que deixará sen amparo legal ás comunidades para tomar medidas de control.

AVANTAR ACTIVIDADES