ApartaHotel Arenteiro, entre os seis adheridos ó bono turístico #QuedamosenGalicia

Dende hoxe, todos os galegos poden solicitar o bono tarxeta turística #QuedamosenGalicia que se poderá empregar en ofertas e paquetes publicados polos establecementos adheridos.

Preto de 700 empresas xa se uniron a esta iniciativa, o que supón un 24% máis que na primeira convocatoria. Poderán solicitar o bono as persoas maiores de idade, empadroadas en calquera concello galego e que non se beneficiaran da primeira convocatoria.

AVANTAR ACTIVIDADES

Deberán escoller entre tres importes da tarxeta dos que a Xunta financiará o 60% cunha aportación máxima de 300 euros e o solicitante o 40% restante.

  • Bono de 250 euros. A Xunta aporta 150 euros e o solicitante 100 euros.
  • Bono de 375 euros. A Xunta aporta 225 euros e o solicitante 150 euros.
  • Bono de 500 euros. A Xunta aporta 300 euros e o solicitante 200 euros.

Na comarca do Carballiño están adheridos seis establecementos, entre eles, o ApartaHotel Arenteiro, no centro do Carballiño e con catro estrelas. En Boborás, están adheridos o Pazo de Almuzara, a Aldea Rural de Pazos de Arenteiro e a Casa Anxeliña. E no Ribeiro, entre outros, o Balnerario de Laias caldara e o Balneario de Arnoia.