Ribadavia celebra o Día do Libro cunha semana de descontos nas librerías

Con motivo do Día do Libro, o 23 de abril, Ribadavia celebrará a Semana do Libro, unha iniciativa do Concello de Ribadavia que consistirá en descontos do 20% en libros de lectura que se merquen nas librarías do municipio. Onte presentouse na Casa do Concello esta campaña para animar á lectura a todos os veciños e veciñas investindo en cultura. Na presentación participaron as tres librerias de Ribadavia xunto coa Tenente Alcaldesa e concelleira de Cultura, Paula Rodríguez, e a Alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez.

Este desconto aplicaráselle ao cliente, e non suporá ningún custe para as librarías ou editoriais, xa que este importe será asumido integramente polo Concello de Ribadavia, co obxectivo de contribuír a dinamizar o comercio local e o fomento da lectura entre a poboación.
O desconto do 20% durante a SEMANA DO LIBRO é unha actividade organizada polo Concello de Ribadavia e será aplicable á merca de libros de lectura (ficción, ensaio, Banda Deseñada) excluíndo revistas, xornais, material escolar e resto de produtos á venda nas propias librarías.

AVANTAR ACTIVIDADES

A oferta será acumulable a outras ofertas que poida haber nos propios establecementos. Ao tratarse dunha oferta especial, non se admitirá a devolución dos libros que sexan mercados a través deste desconto.
As librarías de Ribadavia nas que se poderá gozar deste desconto do 20% durante A SEMANA DO LIBRO son: Librería Mafranch, Libraría Follas Novas e Libraría Goyma.