Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 199 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.523, cun leve ascenso case un centenar de casos. A presión asistencial presenta estabilidade. Hoxe hai 29 (+4) persoas na UCI, e 169 (+12) ingresados nos hospitais.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada amosa un repunte. Hoxe hai 12 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra sobe en 12 casos ata os 217 casos totais. Os hospitais presentan un leve aumento, contando con 16 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (+2) na UCI.