Dende a formación local de Podemos en O Carballiño instan ao Concello de O Carballiño a que demande á Xunta de Galicia a creación dunha liña de subvencións de concorrencia non competitiva para que o sector da hostelería poida sufragar á adquisición de detectores de CO2 e filtros HEPA.
Máis aló de que a mascarilla, o uso de xel hidroalcólico e a distancia son armas fundamentais para evitar contaxios certo é que en espazos e ambientes pechados e de certa concorrencia de xente, como pode ser na hostelería e en certos centros de comercio, hai que analizar a aparición dos aerosois como principal causa de contaxio e que repercuten na calidade do aire.
“ A Xunta xa tomou nota da necesidade de analizar a calidade do aire nos restaurantes e deixa constancia da mesma na inclusión do punto sétimo bis na orde do 14 de abril. Unha necesidade que se debe estender a outros locais de hostelería e a certos centros comerciais” apunta Manuel Nogueira voceiro do círculo de Podemos na vila.
“Pero o que non pode facer a Xunta de Galicia é publicar esta orde e impor a necesidade de usar estes detectores de CO2 por parte da hostelería a partir do vindeiro 23 de abril e non quitar paralelamente unha liña de subvencións para que a xente da hostelería poida sufragar o custe da adquisición de ditos aparatos” engade Nogueira, “ segue a castigarse a este sector constantemente, e en este caso obrigándolles a facer un desembolso extra para poder adquirir estes detectores”.
É por iso que dende Podemos O Carballiño se dirixen ao Concello demandando certos puntos como:
Solicitar ao Goberno da Xunta de Galicia que cree unha liña de subvención de concorrencia non competitiva para cubrir os custes da adquisición de detectores/ medidores de Co2 e filtros HEPA por parte dos sectores da hostelería, do comercio local e de calquera PEME ou persoa autónoma que o solicite; asemade solicitar o reembolso para quenes dentro dos sectores afectados xa comprasen ditos equipos anteriormente á data do 23 de abril de 2021 do importe dos mesmos previa presentación de factura ou xustificante de compra e dito reembolso vaia a cargo da liña de subvencións creada para tal fin;
Solicitar ao Goberno da Xunta de Galicia a que dote en todas as instalacións da súa titularidade e nas dependencias que se usen con finalidades deportivas no seu ámbito pechado, culturais, sociais ou/e lectivas de ditos detectores e filtros
Que o Concello de O Carballiño se comprometa no tocante ao uso de estes aparellos a dotar ás distintas instalacións de titularidade municipal dos mesmos.
• Solicitar que de xeito conxunto a Xunta de Galicia e a FEGAMP dote de estes detectores/medidores de CO2 e filtros HEPA a todos os centros onde se desenrolen actividades sociais, culturais, educativas, lúdicas e de calquera carácter de interese público onde fosen necesarios para manter unha correcta ventilación.
• Solicitar á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a contratación de rastrexadores para a realización de rastrexos retrospectivos conxuntamente cos rastrexos prospectivos.
MOCIÓN PARA SOLICITAR Á XUNTA DE GALICIA UNHA LIÑA DE SUBVENCIÓNS PARA A COMPRA DE APARATOS DETECTORES DE CO2
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Dende a aparición da COVID-19 vimos como certos sectores do noso tecido productivo se viron afectados de unha maneira máis gravosa que outros, facendo especial mención á hostelería e ao comercio de proximidade.
As medidas que se tiveron que tomar e os peches decretados para estes sectores, especialmente para o sector da hostelería fixeron que a situación de moitas familias que dependen de estes negocios fose especialmente difícil durante estes 13 meses. Máis aló de que a mascarilla, o uso de xel hidroalcólico e a distancia son armas fundamentais para evitar contaxios certo é que en espazos e ambientes pechados e de certa concorrencia de xente hai que analizar a aparición dos aerosois como principal causa de contaxio.
Os aerosois son partículas que están suspendidas no aire. Cando os humanos respiran, falan, cantan, tosen ou esbirran, as gotiñas respiratorias emitidas mestúranse no aire circundante e forman un aerosol. Debido a que as pingas máis grandes caen rapidamente ao chan, os aerosois respiratorios a miúdo descríbense como formados por pingas máis pequenas de menos de 5 micras, ou aproximadamente unha décima parte do ancho dun cabelo humano. As pingas que son máis pequenas que 5 micras poden permanecer suspendidas no aire durante moitos minutos ata horas porque o efecto do arrastre de aire en relación coa gravidade é grande. Ademais, o contido de auga das pingas portadoras de virus se 1evapora mentres están no aire, diminuíndo o seu tamaño. Mesmo se a maior parte do líquido se evapora dunha gotiña cargada de virus, a gotiña non desaparece; simplemente vólvese máis pequeno, e canto máis pequena é a pinga, máis tempo permanecerá suspendida no aire.
Debido a que as pingas de menor diámetro son máis eficientes para penetrar profundamente no sistema pulmonar, tamén presentan un risco de infección moito maior. Entón, ¿como podemos protexernos de estes aerosois en interiores e ambientes pechados?
As concentracións de aerosol pódense reducir cunha maior ventilación, aínda que se debe evitar a recirculación do mesmo aire a menos que o aire póidase filtrar de maneira efectiva antes da súa reutilización. Cando sexa posible, recoméndase abrir portas e xanelas para aumentar o fluxo de aire fresco. En este caso é moi útil a guía da Escola TH Chan de Harvart de Saúde Pública, que se pode consultar no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1_-5OPAmoiSB0oaa4vVUctYy4qVrR1r5q/view
Diminuír o número de fontes de emisión (persoas) dentro dun espazo e garantir que se usen cubertas faciais en todo momento pode diminuír aínda máis os niveis de concentración. É importante medir a calidade do aire despois de ventilar e durante a ventilación.
E o xeito máis doado e seguro é a través de detectores de CO2. Grazas ao coeficiente de concentración de o CO2 no aire pódese saber si a ventilación de calquera aula é a adecuada. Por exemplo, unha concentración elevada de CO2 elevada é indicativa de que o aire que sae dos nosos pulmóns estase a acumular no ambiente e que é preciso unha maior ventilación.
E parece que a Xunta de Galicia tomou xa nota de esa necesidade de coñecer a calidade do aire nos recintos pechados, pois na súa orde do 14 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, na introdución do seu punto sétimo bis no seu apartado terceiro, fai referencia á necesidade de garantir nos establecementos que teñan título municipal habilitante de restaurante a correcta ventilación do local que se obxectivará a través do uso de dispositivos detectores de CO2, dispositivos evidentemente que conten coa marcación CE. 2Dende o Círculo de Podemos de O Carballiño vemos esta medida esencial para poder evitar a propagación de contaxios.
Medida, xunto coas outras que veñen recollidas en dito punto sétimo bis, que se deben aplicar a outros negocios e a outros centros onde se dean actividades con certa concorrencia de xente. Engadir que o uso de estes detectores de CO2 se poden cumplimentar co uso de filtros de aire de partículas de alta eficiencia ( HEPA) en establecementos ou centros onde a ventilación non se poida levar a cabo de un xeito natural e no caso de non ser posible a redución de persoas en dita estancia.
Onde non parece que a Xunta tomou nota en esta orde nin nas anteriores e en tentar facilitar a adquisición de estes dispositivos medidores/detectores de CO2 e na posible adquisición de filtros HEPA, pois salvo a obrigatoriedade de que os restaurantes dispoñan dos mesmos a partir do 23 de abril, en ningún caso se fai mención a ningunha liña de axudas ou subvencións para a adquisición de estes aparatos.
Dado que a Xunta solicita o imprescindible uso de estes detectores de CO2 o máis axeitado e complementario a dita imposición é facilitar a adquisición dos mesmos a través de unha liña de subvencións a cargo dos orzamentos da Xunta de Galicia, máis especificamente nas partidas destinadas á compra de material específico para loitar contra a COVID-19. Por outra banda e paralelamente á creación de liñas de subvencións para costear detectores de CO2 e filtros HEPA por parte da Xunta de Galicia destinadas ao sector privado, tamén temos que incidir na necesaria realización de rastrexos retrospectivos cando se detecten casos positivos de COVID en calquera establecemento.
O modelo actual que temos de rastrexo, denominado rastrexo prospectivo, que se está levando a cabo na maioría dos países, incluído España, non permite identificar á maioría dos escenarios potencialmente altos de contaxio nin ás persoas supercontaxiadoras. No rastrexo prospectivo o xeito de actuar é que cando se detecta unha persoa contaxiada, téntase identificar as persoas que estiveron en contacto con ela despois do contaxio, e realízanselles probas PCR para comprobar se se infectaron ou non.
A pesar diso , posto que a maioría das persoas non transmiten a enfermidade de maneira significativa, é moi probable que a persoa contaxiada inicialmente non contaxiase a outras e, polo tanto, a maioría das probas PCR darán negativas. 3Polo tanto é moito máis eficiente realizar o que se denominan rastrexos retrospectivos conxuntamente cos rastrexos prospectivos, onde unha vez identificada unha persoa contaxiada, rastréxanse as persoas que estiveron en contacto con ela antes do contaxio.
Desta maneira, téntase localizar á persoa que contaxiou ao paciente e que, potencialmente poida ser unha supercontaxiadora. Posteriormente, faise un rastrexo prospectivo a partir da persoa supercontaxiadora para tentar localizar a todas as persoas que puidesen ser contaxiadas por ela. Noutras palabras, e para falar máis claramente,os rastrexos retrospectivos permiten localizar escenarios e localizacións potencialmente de alto risco de contaxio e identificar a moitas máis persoas contaxiadas que os rastrexos prospectivos. Máis concretamente, modelos matemáticos recentes mostraron que os rastrexos retrospectivos son ao redor de 2 ou 3 veces máis efectivos que os prospectivos.
Por tanto, é necesario un cambio de estratexia no modelo de rastrexo no noso país, e polo tanto en particular na Comunidade Autónoma de Galicia. En base ao exposto, dende o Círculo de Podemos de O Carballiño propoñemos a que o pleno de esta Corporación local aprobe os seguintes
ACORDOS
1. Solicitar ao Goberno da Xunta de Galicia que cree unha liña de subvención de concorrencia non competitiva para cubrir os custes da adquisición de detectores/medidores de Co2 e filtros HEPA por parte dos sectores da hostelería, do comercio local e de calquera PEME ou persoa autónoma que o solicite para o uso en locais de difícil ventilación e ambientes pechados onde se realice de xeito regular a súa actividade comercial e exista afluencia de persoas no mesmo;
2. Solicitar ao Goberno da Xunta de Galicia o reembolso para quenes dentro dos sectores afectados xa comprasen ditos equipos anteriormente á data do 23 de abril de 2021 do importe dos mesmos previa presentación de factura ou xustificante de compra e dito reembolso vaia a cargo da liña de subvencións creada para tal fin;
3. Solicitar ao Goberno da Xunta de Galicia a que dote en todas as instalacións da súa titularidade e nas dependencias que se usen con finalidades deportivas no seu ámbito pechado, culturais, sociais ou/e lectivas de ditos detectores/medidores de CO2 e filtros HEPA;
4. Solicitar a este Concello o mesmo compromiso no tocante ao uso de estes aparellos nas distintas instalacións de titularidade municipal ou en aquelas dependencias que dependan en algún grao de esta corporación, sexa esta dependencia do ámbito que fose, e que nas mesmas se dean as condicións de insuficiente ventilación e a concorrencia de persoas.
5. Solicitar que de xeito conxunto a Xunta de Galicia e a FEGAMP dote de estes detectores/medidores de CO2 e filtros HEPA a todos os centros onde se desenrolen actividades sociais, culturais, educativas, lúdicas e de calquera carácter de interese público onde fosen necesarios para manter unha correcta ventilación.
6. Solicitar á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a contratación de rastrexadores para a realización de rastrexos retrospectivos conxuntamente cos rastrexos prospectivos.