O delegado territorial da Xunta Gabriel Alén asiste á presentación da fase de ascenso á primeira división nacional de voleibol feminino

Gabriel Alén desexoulle ao equipo da cidade “as mellores das sortes para que poidades conseguir o agardado ascenso que todos os afeccionados desexamos”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá ao acto de presentación do torneo da Real Federación Española de Voleibol da Fase de Ascenso de Primeira División Nacional de Voleibol Feminino que se disputará en Ourense do venres 23 ao domingo 25 de abril no Polideportivo O Pompeo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este torneo, que disputarán seis equipos de todo o territorio nacional, entre eles o Aceites  Abril C.V. Ourense, decidirá os dous conxuntos que ascenderán á superliga nacional para a vindeira tempada.

Gabriel Alén desexoulle ao equipo da cidade “as mellores das sortes para que poidades conseguir o agardado ascenso que todos os afeccionados desexamos”.