O IES Chamoso Lamas rende homenaxe a Pardo Bazán no Día do Libro

O departamento de xeografía e historia, a biblioteca e vicedirección do IES Chamoso Lamas organizaron unha actividade cos alumnos de 4º da ESO esta mañá. Saíndo do propio centro, uns 40 alumnos foron percorrendo os puntos máis representativos do Carballiño seguindo a peza literaria de Emilia Pardo Bazán “O cisne de Vilamorta”.

O historiador Xosé Luis Sobrado foi o encargado de falar da historia que rodea á autora e de explicar os fortes lazos que a unen a esta vila, O Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre as paradas realizadas está o monumento ós Irmáns Prieto, o Gran Balneario, a Casa Gazpara, o Barrio de Flores e a Praza de Emilia Pardo Bazán. Como punto intermedio, celebrouse un acto na Praza Maior, no que ademais dos estudantes, tamén participaron con lectura de textos o alcalde do Carballiño, o concelleiro de Cultura e o de Turismo e membros do centro educativo.