Remata a formación en riscos laborais na costrucción para 25 carballiñeses

O concello do Carballiño e a Fundación Laboral da Construcción fixeron esta mañá entrega dos diplomas do Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais en Construcción e o específico de Traballos de Albanelería con unha duración de 66 horas que se estivo levando a cabo nas últimas semanas.

Estas accións formativas son de carácter gratuíto e buscan mellorar a  empregabilidade dos 25 participantes, como destacou Javier Carreiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

No acto participaron o concelleiro de emprego e obras, Manuel Dacal; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; Javier Carreiro Vázquez, Vicepresidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción; Santiago Ferreiro Pérez, Presidente de ACO e Antonio Pérez Jácome, vocal do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción.