O Ribeiro repite a situación de onte. Os máximos son Ribadavia con 4 casos e Cortegada con 3 positivos

O Ribeiro repite a situación de onte. Ribadavia mantén catro casos activos, a mesma cifra ca esta fin de semana, sendo hoxe o máximo da comarca. Cortegada conta hoxe con tres casos activos, os mesmos ca na xornada de onte.

Publicidade

Arnoia mantén un caso activo, rexistrado o pasado día 23 de abril. Avión, mantén un contaxiado, cifra que se rexistrou onte logo de varias semanas sen casos activos.

Os demais concellos, Beade, Leiro, Melón, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño e Cenlle están libres de covid.

Todos os concellos están no nivel mais baixo de restricións, o medio-baixo, ao igual que os concellos da comarca do Carballiño, aínda que Cortegada o estará a partir de mañá venres.