A “Copa Primavera de Remo” reunirá en Castrelo de Miño a 400 deportistas

Ás 12.00 horas: Presentación da Copa Primavera de Remo.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa, xunto co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, o presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas, o VicePresidente da Deputación Ourense, Cesar Fernández Gi, Emma González Diéguez (Xerenta do INORDE), Manuel Pérez González (representante de Deportes da Xunta de Galicia), Beatriz Alberte (Presidenta do Clube Nautico de Castrelo de Miño), ) na presentación da XXVIII Copa Primavera de Remo e da XII Regata Nacional de Para-remo. Lugar: Parque Náutico de Castrelo de Miño.
Publicidade ASPADISI

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, e o presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas, presentou hoxe no Parque Náutico de Castrelo a XXVIII Copa Primavera de Remo e a XII Regata Nacional de Para-remo, que se disputarán o vindeiro fin de semana, 8 e 9 de maio, nas instalacións náuticas de Castrelo de Miño.  

Máis de 400 deportistas de diferentes categorías, pertencentes a 50 clubs de toda España, daranse cita no Parque Náutico de Castrelo de Miño, “un escenario perfecto, dos mellores para práctica do remo e do piragüismo, que dentro duns meses albergará unha competición nacional como a “Coupe da Jeneusse”, “o que permite que nestas semanas a Deputación de Ourense faga posible unha nova pista de regatas para cumprir coas esixencias normativas de ámbito internacional no máximo nivel competitivo”, afirmou Manuel Baltar, quen salientou que Ourense e o turismo deportivo “son sinónimo, e este espazo do Parque Náutico de Castrelo de Miño supón un plus de competitividade, como atracción económica e turística, e a Deputación, da man do concello e das federacións galega e nacional, estamos conseguindo posicionar á provincia como un dos grandes territorios de remo e de piragüismo de España e de Europa”. 

HIPER MASIDE

Pola súa banda, o alcalde de Castrelo de Miño agradeceu ao goberno provincial o seu apoio ao deporte náutico e ao Concello de Castrelo de Miño, sede do Parque Náutico de Galicia, “porque o feito de que veñan competicións nacionais e internacionais sempre é algo moi positivo para toda a comarca do Ribeiro”, e tamén agradeceu á federación “que está cooperando na ampliación que estamos a facer do parque náutico e coa nova pista de remo, infraestrutura para a contamos co total apoio da Deputación de Ourense”, expresou Avelino Pazos. 

José Manuel Seijas destacou a importancia de que estas probas se celebren en Castrelo de Miño, “xa que así os clubs galegos non teñen que desprazarse a outros puntos de España, e ademais supón unha axuda económica para esta contorna, e desde o punto de vista dos deportistas, estas competicións permiten avaliar o seu estado de forma e de preparación cara os campionatos de España, que terán lugar no vindeiro mes de xuño”.