Xulio Dobarro achega ós alumnos do Irixo o seu libro sobre o patrimonio municipal

Xulio Dobarro elaborou unha obra na que fai un percorrido polo patrimonio deste municipio, froito do seu coñecemento persoal do municipio e dos seus estudos.Todos estes coñecementos foron trasladados polo seu autor ós rapaces do centro educativo do Irixo, nunha charla-coloquio que tivo lugar esta mañá.

Ademais do patrimonio, tamén fala da toponimia. Considera que co paso do tempo, desdebuxáronse os lindes e a día de hoxe hai nomes para diferentes zonas que están trabucados, unha iniciativa que busca que as administracións corrixa co paso do tempo.