O Carballiño mantén tres casos activos e San Amaro un so contaxio

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ós 4. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño, aínda que xa non é o único concello con casos activos.

O Carballiño rexistra hoxe 3 positivos, os mesmos ca dende a pasada semana. San Amaro, logo de varias semanas libre de covid, sumou un caso o pasado sábado que se mantén hoxe.

HIPER MASIDE

E os demais concellos,  Boborás, Maside, O Irixo, Beariz, Piñor, Punxín e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

Todos os concellos están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.