En Maside exposición ao público dos proxectos de obra na Friela e Bouzas asi como en Gulfar e o Bolo, por se hai reclamacións

Publicase hoxe no BOP os seguintes anuncios

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha vez aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 22 de abril de 2021, o proxecto da obra denominado “Ampliación da rede de saneamento nos lugares de Friela e Bouzas, no concello de Maside”, cun orzamento de 47.146,29 €, redactado pola enxeñeira técnica agrícola Celtia Traviesas Méndez, colexiada núm. 2171, exponse ao público na secretaría do concello, durante o prazo de vinte días contados a partir da súa publicación no BOP, para exame e presentación de reclamacións por todas as persoas interesadas

Unha vez aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 22 de abril de 2021, o proxecto da obra denominado “Mellora da calidade de auga potable dos depósitos de Gulfar e do Bolo mediante instalación dun sistema de cloración”, cun orzamento de 48.387,20 €, redactado polo enxeñeiro técnico Miguel Ángel Pérez Marquina, colexiado núm. VR1079, exponse ao público na secretaría do concello, durante o prazo de vinte días contados a partir da súa publicación no BOP, para exame e presentación de reclamacións por todas as persoas interesadas

BOP ( Premer na Imaxe )