O concello do Irixo da o seu apoio unánime á parcelaria de San Cosme de Cusanca

O concello do Irixo celebrou un pleno extraordinario o pasado sábado. Tanto o PP coma o PSOE aprobaron por unanimidade o seu apoio á concentración parcelaria en San Cosme de Cusanca.

Publicidade

Este foi o principal punto do día, motivado pola petición do PSOE. Os socialistas facían esta petición motivada pola reclamación dos veciños. Dende a Plataforma que defende a parcelaria agradeceron o apoio dos grupos municipais á súa petición e tamén a todos os veciños que acudiron amosando o seu apoio.