A brigada realiza limpeza e desbroce en varios núcleos de Boborás

Onte, parte da brigada municipal estivo realizando labores de limpeza en Feás, como estaba programado. Anteriormente limparon varios tramos da estrada en Albarellos, tanto en Sobredo, San Andrés como na Groba, que estaban pechos de herba e o non ter o tractor dispoñible era preciso facelo de xeito manual.

Publicidade

Tamén se limpou na Almuzara, Brués e en Boborás. Na xornada de hoxe o tractor de arrastre que estivo facendo limpeza de pistas forestais por Moreiras, Fonte Moreiras, O Regueiro, Sonelle, entre outras zonas, empezará a limpar o campo de Cameixa e logo o de Laxas e Moldes.