A comunidade galega rexistra hoxe 111 contaxios novos. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.498, unha rebaixa de case setenta persoas. Do total de pacientes positivos en Galicia, 31 (=) están en UCI, 107 (-2) en unidades de hospitalización.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un estancamento. A provincia rexistra hoxe 8 contaxios novos, facendo que a cifra total se manteña nos 197 casos totais, mesma cifra ca onte. Nos hospitais hoxe a situación é a mesma. Contamos con 8 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (=) na UCI.