O 87% dos ourensáns opta por Astrazéneca para a segunda dose da vacina

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras comezou hoxe a poñer a segunda dose da vacina a todas as persoas, menores de 60 anos, que recibiron a primeira dose de Astra Zeneca en febreiro.

As persoas citadas, foron chamadas previamente, manifestando o 87% a súa negativa a recibir unha vacina distinta a subministrada en primeira dose, optando novamente pola de Astra Zeneca.

AVANTAR ACTIVIDADES

As persoas dos colectivos esenciais, docentes, persoal sanitario, coidadores a domicilio, forzas e corpos de seguridade, etc. son os primeiros en recibila e deberon asinar un consentimento informado antes de recibir a segunda dose, xa sexa de Astra ou Pfizer.

Nesta situación foron convocadas no primeiro día 1.280 persoas.