Convocatoria e bases de selección para a contratación de 9 peóns/ peonas forestais no Concello de Piñor

Publicase hoxe no BOP a Convocatoria e bases de selección para a contratación de 9 peóns/ peonas forestais no Concello de Piñor

BOP ( Premer na Imaxe )

AVANTAR ACTIVIDADES

A Alcaldía, mediante Resolución do día 24 de maio de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar catro peóns forestais por un período de 3 meses e unha semana.

Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no Rexistro Electrónico do Concello (https://pinor.sedelectronica.gal), ou no seu caso no Rexistro Xeral deste concello, en horario 09:00 a 14:00, con cita previa, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste (https://pinor.sedelectronica.gal/info.0).


Convocatoria e bases de selección para a contratación de 5 peóns/peoas forestais A Alcaldía, mediante a Resolución do 24 de maio de 2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar catro peóns/peoas forestais e un xefe ou xefa de brigada por un período de 3 meses.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes prioritariamente no Rexistro Electrónico do Concello (https://pinor.sedelectronica.gal) ou, no seu caso, no Rexistro Xeral deste concello, en horario de 9.00 a 14.00 h, con cita previa, durante o prazo de 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na sede electrónica deste (https://pinor.sedelectronica.gal).