Subvención ó Concello de Leiro para a execución da obra “humanización da rúa Casanova”.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Nos orzamentos desta Deputación para o exercicio 2021, prevese a concesión dunha subvención nominativa a favor do Concello de Leiro, por importe de 92.655,48 euros, para Humanización da C/ Casanova.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A entidade beneficiaria, tralo requirimento cursado por esta Deputación con ocasión da incoación do expediente, remitiu a documentación necesaria para a concesión da subvención de xeito completo, comprobándose a dita circunstancia pola Sección de Contratación.

Polo exposto, e unha vez concluída a tramitación do expediente, proponse que a Xunta de Goberno adopte o seguinte acordo: Concederlle unha subvención nominativa ao Concello de Leiro, para a execución da obra “humanización da rúa Casanova”, polo importe de 92.655,48 euros, coas seguintes condicións: A contratación do investimento subvencionado será realizada directamente pola Deputación Provincial de Ourense, a través da súa Sección de Contratación. A subvención entenderase xustificada coa execución do seu obxecto pola Deputación.

A dirección facultativa da execución das obras e a coordinación de seguridade e saúde, corresponderalles aos técnicos designados polo concello, a través dos que a administración municipal poderá dispoñer da información necesaria sobre a execución das obras, así como controlar a súa correcta execución

Unha vez concluída a execución da actuación subvencionada, comunicaráselle ao concello para os efectos de que designe un representante que poida asistir ao acto de recepción da obra, en virtude do cal, e sempre que o concello amose a súa conformidade na correspondente acta, as obras entenderanse entregadas ao concello beneficiario. A desconformidade do concello coa recepción da obra deberá ser motivada por causas non imputables á dirección facultativa das obras, e dará lugar á incoación e tramitación por parte da Deputación dos procedementos necesarios para a súa resolución