Ribadavia abre o rexistro público de demandantes de inmobles municipais.

Todas as persoas interesadas nos inmobles propiedade do Concello situados no casco histórico poderán inscribirse neste Rexistro.

Ribadavia a 7 de xuño de 2021.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Concello quere que este sexa o primeiro paso para poñer en marcha o proceso de venda pública destes inmobles. O Rexistro ten como finalidade facilitar a xestión e o control no proceso de compra- venda que o Concello de Ribadavia quere levar acabo cos seus inmobles, para a súa venda pública, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia de ditos procesos.

¿ Obxectivo de inscribirse no Rexistro?
As persoas interesadas en adquirir algún destes inmobles do Concello poderán inscribirse no Rexistro Municipal. As persoas que desexen optar a un inmoble, deberán indicar o destino e finalidade do mesmo: Primeira Vivenda, segunda residencia, negocio- explotación comercial, o outras, indicando cal.

¿Que datos deben indicarse na solicitude de Rexistro?
Na solicitude indicaranse, necesariamente, os seguintes datos:

  1. O inmoble no que se está interesado, poidendo sinalar un máximo de catro con criterio de preferencia entre eles.
  2. Actividade á que vai destinado, no caso de vivenda, indicar si é primeira vivenda en propiedade á cal se quere optar.

¿Cal é a vixencia da inscrición no Rexistro?
A intención deste Rexistro é orientar e facilitar ao Concello de Ribadavia no vindeiro proceso que porá en marcha de sacar á venda pública varios inmobles situados no casco histórico de Ribadavia.

Para levar a cabo o proceso de venda pública o Concello elaborará un Pliego Público con criterios obxectivos, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia de dito proceso. A intención é realizar dito proceso coa maior dilixencia posible.

O Concello quere aprobar as bases no Pleno entre o mes de xuño e xullo, para o cal presentaralle unha proposta a todos os grupos municipais para que fagan as súas achegas. A intención é que entren en vigor no mes de setembro.

O CONCELLO COMEZA O ENVÍO DE NOTIFICACIÓNS A PROPIETARIOS DE VIVENDAS EN MAL ESTADO DE CONSERVACIÓN NO CASCO HISTÓRICO.

Por outra banda, desde o Concello comezamos a realizar notificacións aos propietarios de vivendas en mal estado para que melloren a súa conservación, informando así mesmo que a Xunta de Galicia ten aberta a convocatoria 2021 do Plan Rexurbe a través do cal quere adquirir vivendas sitas no noso Casco Histórico para a súa rehabilitación.Desde o Concello estamos realizando tarefas informativas aos veciños para fomentar que entren neste programa da Xunta de Galicia.