O Arenteiro xoga este domingo contra a U.D. Atios no Espiñedo

IES CHAMOSO LAMAS

O Club Deportivo Arenteiro xogará esta fin de semana no cmapo do Espiñedo logo de que a Xunta modificara algunhas medidas restritivas. O partido será o domingo ás 16:30 horas. Polo momento so hai autorización para una foro de 75 persoas, aínda que a dirección está á espera de poder ampliar o aforo a 150 espectadores. Para a asistencia puxeron en marcha un sistema para darlle prioridade ós socios.