A Garda Civil desmantela unha rede de tráfico de drogas e blanqueo de capitais causante de roubos na zona

A Unidade da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense ven de desmantelar este grupo criminal dedicado a cometer roubos con forza en Ourense, Pontevedra, Lugo e A Coruña.

A operación “Veracruz-Miradoiro” comezou a principios de abril, despois de coñecerse un aumento dos roubos en localidades da comunidade galega, entre elas O Carballiño, Vigo, Lalín ou Porriño.

Produciuse a detención de 5 persoas, 2 residentes de Madrid e 3 da capital ourensá, que están acusados da comisión de 40 roubos, tráfico de drogas, branqueo de capitais e 1 delito de integración a grupo criminal.

PUBLICIDADE ELECTORAL