A Área Sanitaria prevé chegar ós 300.000 vacinados esta semana

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras comeza a segunda quincena de xuño co 47.2% da súa poboación diana vacinada coa pauta completa, ou o que é o mesmo 121.344 ourensáns protexidos fronte ao Covid19, e un total 289.101 vacinas administradas, polo que agardase acadar esta mesma semana as 300.000.

Publicidade

A previsión semanal é continuar, desde o xoves, coas primeiras doses do grupo de persoas entre 40 e 49 anos, que se espera acade aos nados no ano 78 e continuar coas segundas dos de entre 50 e 59. Este semana, na que estarán convocados preto de 19.000 ourensáns, novamente se trasladará o punto de vacinación masiva do entorno da cidade de Ourense desde o Pazo dos Deportes Paco Paz a Expourense.