O centro de saúde de Leiro recupera ós dous médicos logo de negociacións co Sergas

Esta mesma mañá incorporouse o facultativo que completa o servizo de dous médicos no centro de saúde de Leiro. Ata o de agora había unha problemática para cubrir esa vancante, xa que o doutor estaba de baixa e os traballadores que a cubrían eran temporais. Esta boa nova cúmpese grazas ás negociacións feitas dende o concello co Sergas, tanto a nivel provincial coma autonómico, co servizo de Santiago.

Publicidade

Deste xeito, informou o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, a praza queda cuberta coma antes de que se producise a baixa, con dous médicos en servizo para a veciñanza e con dispoñibilidade todos os días da semana.

VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV