O concello ultima o relevo na alcaldía entre o PSOE e Xuntos por San Amaro

Hoxe cúmprese a metade do mandato desta lexislatura municipal. No concello de San Amaro debería producirse un relevo na alcaldía, pactado dentro dos acordos para que se producise a coalición entre o PSOE e Xuntos por San Amaro no ano 2019. Deste xeito, os dous primeiros ano gobernaría como alcalde o socialista Rubén Gómez, e agora, polo dous anos que resta, faríao Carlos Paz, de Xuntos por San Amaro.

Publicidade

Ante esta situación, Paz anunciou hoxe que este xoves pola tarde reuniríase o equipo de goberno para pulir este relevo. Asegura que non hai nin problemas nin tensións para que se produza e que a situación manterase estable como ata o de agora.