O concello do Carballiño informou esta mañá de que as bases para a segunda convocatoria de axudas a persoas afectadas pola covid xa foron enviadas para a súa publicación nos órganos competentes. O alcalde, Francisco Fumega, falounos hoxe sobre este tema, apuntando a previsión de que neste mes de xuño xa se poidan solicitar.

Publicidade

Estas bases presentan modificacións en canto a algúns requisitos, solucionados logo de que houbese polémica na primeira convocatoria. Para esta ocasión están presupostados 300.000
euros, cunha contía máxima de axuda de 1.000 euros por solicitante. O alcalde asegura que desta vez espérase que haxa máis solicitantes, froito de conversas cos sectores afectados.