O Club Ciclista Carballiño ten unha dobre cita en Marín mañá sábado

Mañá sábado, o Club Ciclista Carballiño estará en Marín, cunha dobre cita no XAXANBIKE 2021 organizado pola Escola Irene Trabazo. Pola mañá, os nenos da escola participarán na Mini BTT a partir das 09:30 horas. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, os corredores Alex García, Manuel Panadeiros e Miguel Panadeiros estarán disputando o Campionato Galego de XCO.