A Deputación aproba axudas para a cooperación cos concellos, entre eles Ribadavia e Punxín

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de preto de 400.000 euros para emprego, cooperación cos concellos, entidades sociais e culturais e deportes, así como as bases reguladoras para concesión das bolsas de formación “Erasmus rural Interreg”. 

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No ámbito do emprego, concedeu seis subvencións por un importe total de 51.300 euros dentro do programa EmprendOU para proxectos empresariais e de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico. As achegas, cun valor máximo cada unha delas de 8.550 euros, irán para os concellos de Oímbra, Lobios, A Veiga, Padrenda e Ribadavia. 

En cooperación cos concellos, Punxín recibirá 18.500 euros para obras de mellora da rede de saneamento. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------