Espazo Común: moción para que se realice unha auditoría externa sobre o servizo de recadación municipal

                                                    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Observamos con moita preocupación como no expediente de liquidación do orzamento do ano 2020, unha das cifras máis destacada é a da cantidade de cartos que ten pendentes de cobro o Concello do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

5.246.857, 53 € é o montante que ao peche do exercizo pasado tiña esta administración nese apartado. Deles 3.170.600,11 € son da etapa do actual goberno e unha cifra moi semellante xa é considerada de dúbidoso cobro.

Son, ben ás claras, datos moi preocupantes.

Por unha banda, supoñen un desequilibrio nas contas municipais pois son cifras que se van arrastrando dun ano para outro.

Por outro lado, espertan moitas dúbidas sobre o funcionamento do Servizo de Recadación, en máns dunha empresa privada, dado o incumprimento do actual alcalde señor Fumega do compromiso de remunicipalizalo.

Levamos tempo demandando datos sobre accións deste departamento pero sempre sen éxito.

É moi difícil entender porque se fixeron antes das eleccións do 2019 de xeito masivo expedientes de prescripción de débedas a cidadáns perfectamente localizables e a negocios abertos, coa excusa de non ter podido notificalos.

É dificil de entender que se estean a comunicar débedas prescritas e despois se remita a cargos políticos para o arranxo dun problema que non existe.

Tampouco se explica de ningún xeito que se suba o IBI nun ano tan complicado coma este cando bastaría cunha mellor xestión deste departamento para suplir este ingreso, sen facer así máis pesada a carga fiscal para os veciños que si pagan ao día os seus impostos.

É ben seguro que entre tódolos que manteñen débedas co Concello, haberá persoas que realmente non poidan facerlle fronte, a ises cidadáns hai que axudarlles e para iso ten a administración vehículos suficientes.

Pero tamén é ben seguro que hai moitos veciños que non pagan porque non o consideran necesario e porque o servizo de recadación dá toda a sensación de funcionar en bastantes ocasións con criterios de rendemento electoral.

Por todo o antedito e ante a necesidade de reequilibrar a situación, consideramos que sería desexable facer unha auditoría externa para detectar cales están sendo os problemas estes últimos anos para que exista semellante descadre nas contas e que propoña melloras para a xestión recadatoria no Carballiño.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                         SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño encargue unha auditoría externa e independente para determinar con exactitude a situación do Servizo de Recadación, as causas da inxente cantidade de incobrados e o prantexamento de posibles solucións.