Os Mosqueteiros retoman a súa Maratón MTB este domingo no Carballiño e Boborás

A agrupación Os Mosqueteiros organiza para este próximo domingo, día 27, ás 09:30 horas, a novena edición da Maratón MTB, que se celebrará nos concellos do Carballiño e de Boborás. Ambos concellos amosaron o seu agradecemento pola celebración desta proba, un referente no deporte e que tamén atraerá a xente a desfrutar do turismo de ambos lugares.

Despois de dous anos de ausencia, esta actividade volve con máis gañas, e reafirmándose con máis xente cada ano. Representantes da organización explicaron como se desenvolverá o evento.

AVANTAR ACTIVIDADES