A Ruta dos Fornos mantén a inscrición aberta ata o próximo mércores

O evento, que consiste nunha cata de produtos típicos, bebida e ambientación musical tradicional,  terá aforo limitado e pecharase o prazo de inscrición o vindeiro mércores ou o completar aforo. A día de hoxe está cuberto o 60% das prazas dispoñibles. Os que xa fixeron o rexistro, a partir de hoxe recibirán un número asignado, co que poderán recoller a pulseira identificativa. Coa pulseira recibirán un prato e un vaso.

O evento será o próximo sábado, de 18:00 a 22:00 horas, e poderán collerse as pulseiras desde as 17:30 horas  no lugar habilitado na Praza Maior.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT San Cristovo de CEA en BADAL TV