Leiro recupera o estado orixinal da capela de San Pedro

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou a capela de San Pedro, en Leiro, onde a Xunta de Galicia vén de completar a restauración cun
investimento de preto de 150.000€.

Na visita, estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e polo alcalde, Francisco José Fernández. Román Rodríguez destacou o traballo para garantir o futuro dos elementos máis senlleiros do patrimonio da provincia. A intervención na igrexa capela de San Pedro tivo como obxectivo resolver as patoloxías que presentaba, especialmente no referido ás fendas existentes nas bóvedas e filtracións, así como os elementos discordantes como a espadana ou a estrutura de madeira que ocupaba o primeiro tramo da nave.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO