O concello do Carballiño celebrará o pleno do mes de xuño o próximo venres

A corporación do concello do Carballiño reúnese este venres en sesión plenaria. Nesta ocasión tomará posesión Pilar Caride como concelleira, no lugar de Argimiro Marnotes. Entre os puntos da orde do día recupérase a creación da mancomunidade para a utilización do Arenteiro no abastecemento do Carballiño e Maside, paso necesario para a creación do polígono industrial compartido. Este punto fora retirado do último pleno xa que os grupos da oposición pediran ter acceso a varios expedientes antes do debate.

En canto ás mocións da oposición, porase sobre a mesa a tarifa eléctrica a través das propostas do BNG e do PP, unha auditoría sobre o servizo de recadación do concello e a creación dun Plan de Violencia de Xénero, ambas do grupo Espazo Común.

AVANTAR ACTIVIDADES