O club Aehde presenta a Copa Galega de patinaxe, do 9 ó 11 no Paco Chao do Carballiño

Hoxe tivo lugar o acto de presentación da Copa Galega de grupos show, da man de Uxío Álvarez, o presidente do Club Aehde O Carbaliño, o organizador dun evento que por primeira vez se celebrará na provincia de Ourense

O Concello do Carballiño foi o escenario da presentación da Copa Galega de grupos show de 1ª e 2ª categoría que se celebrará de venres a domingo no pavillón Paco Chao con preto dun milleiro de patinadores, 33 clubes de toda Galicia y 60 coreografías diferentes.

AVANTAR ACTIVIDADES

O evento arrancará o venres cos grupos show júnior e os cuartetos, seguirá o sábado cos grupos pequenos de show de Segunda categoría e rematará o domingo cos grupos grandes de segunda e cos grandes e pequenos de Primeira. Será a porta pechada e poderase seguir por streaming na canle de Youtube do Club Aehde O Carballiño. Os adestramentos oficiais serán polas mañáns e a competición polas tardes.

No eido deportivo, o Club Aehde competirá o sábado na Copa galega  de Segunda categoría de grupos pequenos co aval do terceiro posto no Trofeo Salvaterra Milenaria e ca esperanza de facer un bo papel, pero sobre todo de disfrutar do momento como anfitrións.

Silvia Baranda, a concelleira de deportes, pola súa banda, salientou que <o Club Aehde está facendo un gran traballo polo deporte, neste caso feminino o 95%, coñezo dende dentro o seu labor e quero darlle públicamente as grazas. É moito traballo a cambio de nada todos os días>.