O Carballiño sobe ós 39 casos activos, con 12 contaxios novos nesta fin de semana

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 52 contaxiados ( +22 ). O Concello do Carballiño presenta hoxe 39 casos activos, catro casos máis ca onte e 12 máis nesta fin de semana. Beariz sobe dos 2 casos ós 5 casos; Piñor mantén 3 contaxios, Maside e O Irixo manteñen dous casos e Boborás un caso.

Os demais concellos, Cea, Punxín e San Amaro están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES