A Deputación destina axudas, entre outros, ós concellos de Cea, Punxín e Castrelo de Miño

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a concesión de preto de 400.000 euros para a execución de programas e proxectos no ámbito da cooperación local. Así, o Concello de Castrelo de Miño recibirá máis de 18.000 euros para a redacción do plan Estratexia de Desenvolvemento Sostible.

Tamén foron aprobadas por importe de 48.000 euros unha axuda a Punxín para barreiras de seguridade nas estradas municipais,. Unha cantidade semellante á destinada a San Cristovo de Cea para pavimentación de beirarrúas no polígono empresarial.

AVANTAR ACTIVIDADES