09,00 h.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informará en rolda de prensa dos asuntos tratados no comité clínico. Asistirán tamén a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e o xerente do Sergas, José Flores. No salón de actos. Poderase seguir na ligazón https://us02web.zoom.us/j/87111017796 e a través dos teléfonos 917 873 431; 843 685 025; 917 870 058 (código da reunión: 871 1101 7796).
foto xoán crespo
29/12/2020
O
comité clínico deu conta hoxe das medidas que entrarán en vigor o próximo
sábado de madrugada. Pasan ó nivel alto de restricións Ourense cidade, Barbadás
e O Barco. Este nivel supón o peche total do ocio nocturno e o peche do
interior da hostalaría, que so poderá contar co 50% de aforo exterior.
O Carballiño e Ribadavia quedarán no nivel medio. Ribadavia xa estaba dende a pasada semana, e está en vixilancia. Neste nivel, a hostalaría terá un 30% de aforo interior e 75% de aforo exterior.
E
para toda Galicia, os grupos en exteriores rebaixan o número de persoas das 15
ás 10 e o ocio nocturno esixirá certificado de vacinación ou PCR negativa.
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.