O concello de Ribadavia licitará a obra de dous camiños rurais.

Publicidade ASPADISI

Os dous camiños agrarios están en San Cristovo e Santo André e a obra de mellora ascende a máis de 36.600 euros. Esta actuación corresponde ao Plan Marco que a Xunta subvenciona de maneira lineal a todos os Concellos, cuxo prazo rematou en marzo de 2021. A súa execución será durante o mes de agosto para ter rematada a actuación antes da época de vendimas.

Por outra banda, o Concello informa que o proceso de licitación da Ponte da Veronza foi iniciado pola Deputación e que en setembro podería ser adxudicada esta obra, polo que antes do inverno podería estar realizada tal e como se requiría por parte da Confederación Hidrográfica.

HIPER MASIDE

CAMIÑOS AGRARIOS.

As actuacións contempladas en San Cristovo e Santo André serán acometidas grazas ao importe subvencionable previsto no “Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022”, que todos os anos a Consellaría de Medio Rural da Xunta subvenciona de maneira lineal a todos os Concellos, os chamados Plan Marco cuxo prazo rematou en marzo de 2021.

As actuacións subvencionables contemplan:

1. Ampliación do camiño que supón unha mellora da seguranza viaria, permita o cruzamento de vehículos ou sobrelargos necesarios en zonas de curvas, de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén poderán incluír obras de incremento de lonxitude sempre e cando esta ampliación supoña rematar nunha estrada ou noutro camiño.

2. Mellora: as que supoñan un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitada ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta consideración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, reforzo de noiros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de gabias, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.

3. Mantemento: tanto do firme existente como das súas marxes (limpezas e perfilación de noiros e gabias), reforzos dos terrapléns.

As actuacións proxectadas corresponden a Mellora do camiño de San Cristobal e a mellora do camiño de San Andrés. As actuacións discorren sobre a vía existente que se atopa en material granular (saburra), polo que se pretende con esta actuación mellorar a capa de rodaxe e evitar así un maior deterioro da mesma a causa das escorrentías superficiais e o tráfico rodado.

Nestes dous camiños agrarios o pavimento actual é saburra en mal estado polo que se executará unha mellora do firme con triple rega co fin de facilitar a maquinaria agrícola a varias edificación agrarias que lindan a este camiño.

PONTE DA VERONZA.

O Concello está mantendo contactos con técnicos da Deputación para interesarse por esta obra que considera prioritaria, polo que parabenizase que o proceso de licitación da Ponte da Veronza fora iniciado xa para que a súa adxudicación e execución se realice o antes posible, e sempre antes da chegada dos meses de inverno.