A Ruta do Vermú Povarelo anunciou hoxe os gañadores dos seus premios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Ruta do vermú Povarelo chega á fin da súa segunda edición e con intención de facerse máis grande. Este ano, a ruta tivo lugar durante 12 días e con 43 locais participantes. O sorteo dos premios tivo lugar esta mañá, ante notario. A noite no hotel La Toja foi para Jorge Jiménez e entre os hostaleiros, par ao Laguna Bar. Entre os demais premios atopábanse botellas de Povarelo, packs con cubitera e polos de vestir.

A bolsa con Povarelo branco foi para José Manuel Sobrado e para César Pájaro. A bolsa de Povarelo Rojo foi para Fidel Barba e para Natalia Hernández. O estuche con dúas botellas, para Mari Chaves e para Ángel de Francisco. A cubitera con dúas botellas para María Asunción Gallego. Un polo de vestir para Antonio Álvarez Trigás e para Rogelio Otero. E catro packs de actividades a escoller no París Dakar para Alba Fernández, Isaac, Pablo González e Noemi Fariñas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Entre hoxe e mañá, a empresa organizadora porase en contacto cos agraciados, para que piodan recoller os seus agasallos nas instalacions de Licores Paniagua, no polígono da Uceira.

Dende Paniagua quixeron agradecer o apoio do concello e tamén da hostalaría, un sector moi castigado por esta pandemia.