O concello presenta a 59 edición da Festa do Pulpo en formato de Xornadas Gastronómicas

A Festa do Pulpo celebra este ano a súa 59ª edición, marcada de novo polas medidas sanitarias. Esta mañá presentouse a programación prevista, que consistirá en varias xornadas gastronómicas e actividades diversas. O alcalde recordou que este ano está adicado ó comercio e hostalaría.

Gabriel Alén, delegado da Xunta, deu a noraboa polo traballo de manter viva esta festa e recoñeceu o importante que son os homenaxeados de este ano para os concellos e para o turismo.

AVANTAR ACTIVIDADES

A xerente do Inorde, Emma González, destacou o potencial enogastronómico desta festa, dando o seu apoio para conseguir a declaración de interese turístico internacional.

Nesta xornada, ademais de autoridades, contouse ca presenza dos principais patrocinadores, coma Aceites Abril, Pazo Tizón, Abanca, Gadis ou Estrella Galicia, e valorouse a súa implicación con este evento.

As xornadas gastronómicas celebraranse nos locais que forman parte da Festa do Pulpo, para o que tanto eles coma dende o concello piden que se fagan reservas previas para controlar o aforo e garantir as medidas de seguridade. O listado de locais é o seguinte: