Avión baixa ata os 19 casos activos e Ribadavia sobe ata os 17 contaxios

No Ribeiro,  Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, aínda que volve a restar casos activos, hoxe baixando ós 19 casos. Ribadavia sobe hoxe ata os 17 casos, tres máis ca onte.

Arnoia mantén un caso, Carballeda de Avia sobe ós 3 casos e Castrelo de Miño mantén dous casos. Cenlle ten catro casos activos. Leiro, Cortegada e Melón manteñen un caso cada un. Beade é o único concello do Ribeiro que se mantén libre de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES