O Psdeg-Psoe de Cartelle esixe que o concello solucione “de xeito urxente” unha fuga dunha fosa séptica que está a contaminar un camiño no lugar do Carballal

IES CHAMOSO LAMAS

O voceiro do PSdeG en Cartelle, Jesús Pereira, denuncia que, despois de anos, o Concello segue a facer caso omiso das queixas dos veciños ante unha “situación de emerxencia para a saúde pública”

VIDEO Premer na Imaxe

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Os socialistas sinalan que a limpeza das fosas sépticas é competencia do Concello e advirten que elevarán o problema ante os organismos competentes en materia de augas

O PSdeG-PSOE de Cartelle esixe que o Concello solucione de xeito urxente unha fuga nun sumidoiro avariado que vai dar a unha fosa séptica, e que está contaminar un camiño no lugar do Carballal. Segundo o voceiro municipal socialista, Jesús Pereira, o vial permanece anegado por augas fecais mentres o goberno local fai caso omiso das queixas dos veciños e veciñas ante unha situación “de extrema emerxencia para a saúde pública”.

“Cando Carmen Leyte era alcaldesa o Concello xa tiña constancia desta situación, e o único que fixo o goberno do PP dende entón foi precintar a zona onde está localizada a fuga, pero segue sen solucionar un grave problema de contaminación nun vial de paso que dá servizo aos núcleos de Baldariz e Terzas”, asegura Pereira, quen engade que auga “está a arrastrar refugallos e desprende un forte olor que perturba o benestar veciñal”.

O socialista sinala que a limpeza das fosas sépticas é competencia do Concello e advirte que elevará o problema ante os organismos competentes en materia de augas para deixar constancia do “desleixo” do goberno local.

“O sumidoiro afectado é do ano 1990, polo que o Concello ten o deber de responsabilizarse do seu mantemento e tomar medidas inmediatas no caso dunha avaría”, manifestou Pereira. “O que non podemos permitir baixo ningún concepto é que os veciños se vexan na obriga de deixar de usar un camiño público pola inacción dun Concello que renega da súas responsabilidades nun asunto de tanta urxencia”, denunciou o voceiro socialista en Cartelle. 

Así as cousas, o PSdeG-PSOE de Cartelle incide en que a contaminación por augas fecais é unha cuestión medioambiental e de saúde pública, polo que debe abordarse de xeito inminente. Neste sentido, os socialistas instan ao Concello de Cartelle a actuar “xa” para evitar “danos maiores”.