Durante un mes, de forma intensiva, impartíronse as clases preparatorias para a convocatoria de Competencias Clave 2021 sen coste para o alumnado. A día de hoxe, comprobamos gratamente que o 75% dos participantes nas clases organizadas dende o Concello superaron os exames que tiveron lugar en Silleda no mes de xuño.
A superación destas probas de avaliación dan acceso a formación de certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, sendo unha ferramenta cada vez máis importante para a mellora da empregabilidade das persoas traballadoras que os obteñan.
Dende o Concello do Carballiño agradecemos a implicación da Academia Objetivo 10 na súa impartición e a noraboa @s participantes.