O círculo de Podemos no Carballiño solicita melloras de seguridade nun dos inmobles inacabados situados na avenida 25 de Xullo.

O Círculo de Podemos no Carballiño solicita ao Concello que se comunique coa empresa promotora dos inmobles situados na Avenida 25 de Xullo para poñer solución a unha potencial situación de perigo dado por unha viga metálica que está mal asegurada na fachada de un de ditos inmobles.

“Estes días foron varias as persoas que nos deron traslado de unha situación potencialmente perigosa que ten que ver coas obras de un dos inmobles que están sen rematar na Avenida 25 de Xullo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Máis concretamente fan referencia a unha viga metálica que sobresae dun dos laterales de dito inmoble e que parece próxima a desprenderse do mesmo,” Comenta Manuel Nogueira, portavoz local da agrupación podemita, “De pasar dito suceso, como se pode apreciar nas fotos adxuntas,a mesma caería directamente sobre a beirarrúa, podendo ocasionar aparte dos danos materiais pertinentes, lesións en viandantes que en ese momento se atopasen en dita zona.”

Polo exposto dende a agrupación municipal morada, solicitan que o Concello poña en coñecemento de esta situación potencialmente perigosa á empresa promotora de ditas obras e lle pida arranxar dita situación facendo as intervencións que considere oportunas, coa intención de evitar ter que lamentar calquera desgraza de non tomar ditas medidas.