Aberto o prazo para participar na Mini BTT do Carballiño deste domingo

IES CHAMOSO LAMAS

Dende onte, luns ata mañá día 18, está aberto o prazo para participar na cuarta edición da Mini BTT do Carballiño, organizada polo Club Ciclista Carballiño e que terá lugar o próximo domingo, a partir das 10:00 horas, nun evento que non poderá contar con público. As inscricións para os equipos e participantes federados poderán facerse a través da páxina da Federación Galega, a través dun formulario web e para os non federados, a través do correo electrónico cccarballino@gmail.com. Haberá categoría benxamín, promesa, principiante, alevín e infantil.