Abre a matrícula do Obradoiro para Comunidades de Montes en Leiro

  • O 13 de setembro comeza en Leiro o obradoiro de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. Dura cinco días e é gratuíto.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse en www.agaca.coop

O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)”, de especial interese para persoas vinculadas ás Comunidades de Montes, tratará xeitos de extraer maior rendibilidade a estas superficies e mellorar a súa xestión. Será en Escola de Lamas- O Casar s/n, no concello de Leiro, entre o 13 e o 17 de setembro, 16:00 a19:00h.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza esta actividade, que é parte dun ciclo formativo especializado en Comunidades de Montes Veciñais. Calquera Comunidade de Montes Veciñais que desexe recibir a formación nas súas instalacións pode poñerse en contacto con AGACA no 981 58 47 83.

A actividade enmárcase na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

As persoas interesadas en asistir ao obradoiro en Leiro poden inscribirse en www.agaca.coop.

“Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)”

Lugar: Escola de Lamas- O Casar s/n (Concello de Leiro).Datas e horarios:  – 13 a 17 setembro – De 16:00 a 19:00 h.

PROGRAMA


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO